O BNG fai balance dos últimos 4 anos de traballo
Máis de 50 mocións sobre asuntos de interese para Sada, 8 plenos extraordinarios celebrados por esixencia do BNG por ter un número de concelleiros superior ao 25% o que lle daba dereito a solicitar un máximo de tres plenos ao ano para tratar asuntos de interese.
Máis de 300 rogos e preguntas formulados sobre cuestións de actualidade, moitas delas presentadas a petición de sadenses interesados en coñecer algún aspecto e que nós transmitimos nos plenos.
Publicación de 12 edicións do noso FORABOLAS, o voceiro do BNG-SADA co que pretendimos manter informada a toda a poboación, con sucesivas tiradas que foron repartidas porta a porta pola militancia do BNG
E por último , ao longo destes catro anos de mandato o BNG xerou 536 comunicados opinando sobre a actualidade municipal, denunciando actuacións inconvenientes do Goberno Local ou facendo propostas.
Prácticamente un comunicado cada dous días hábiles ao longo de todo o mandato da idea do intenso traballo realizado, a moita distancia de calquera outro grupo político de Sada.
O gráfico é suficientemente explicativo

Os datos acreditan que fomos o Partido Político de Sada que máis traballou neste mandato, fomos os primeiros en presentar o Candidato á Alcaldía, tamén presentando a candidatura con 21 nomes, sin trampas e que coinciden cos da foto, non como fai o PP, e tamén seremos os primeiros en presentar o programa completo a vindeira semana, un verdadeiro programa de goberno para o mandato 2015-2019.realizado, a moita distancia de calquera outro grupo político de Sada.
O gráfico é suficientemente explicativo