Número 8
Marisa Naveiro López
Mestra xubilada, 64 anos, vive en Carnoedo, foi profesora no Instituto de Zalaeta, na Coruña e no IES Isaac Díaz Pardo de Sada os últimos quince anos, donde exerceu a función de coordinadora da biblioteca do Centro.
Sempre tivo preo)cupación por participar no que lle tocaba máis próximo, así foi desde consellos escolares, asociacións de pais, etc. (é a primeira maneira de exercer a democracia)En Carnoedo foi socia fundadora alá no ano 1979 da A. de VV. Armental na que posteriomente e por espacio de casi vinte anos ocuparia varios cargos na xunta directiva.
No ano 1991 entra a formar parte do grupo que lidera Manolo Crisanto, participando desde este momento na política nacionalista, da esquerda sadense, edición do Fora Bolas, etc. Está presente na fusión co BNG no ano 2000, e ata hoxe continúa de forma activa neste mesmo grupo.
No ano 2008 participa la fundación da A.C.Irmáns Súarez Picallo, na que sigue sendo directiva na actualidade.
Vai nesta lista porque analizando as distintas opcións o BNG é a única que ve un futuro para esta terra, un futuro de traballo, de búsqueda de por en valor o que temos, de mirar para aquí desde aquí.
