Salarios dos cargos públicos
Ese é o noso aval, contrastado e coñecido, é a nosa mellor carta de presentación, porque o BNG aplicou sempre o seu código ético incluso antes de que se convertiran nunha moda escritos que en moitos casos son papel mollado. No ano 2003 o Alcalde do BNG xa baixou o seu salario con respecto ao seu antecesor do Partido Popular en case 30.000 €/ano, pasando dos máis de 65.000 que cobraba o Alcalde do PP aos 37.000, o que cobraba no seu anterior traballo como funcionario de Educación. No ano 2007 o BNG obtivo novamente a Alcaldía e o goberno municipal que se constituíu non só baixou novamente o salario do Alcalde senón que custe total do goberno aforrou 240.000 €/ano respecto do anterior e reducíuse o persoal de confianza a exclusivamente o secretario particular do Alcalde. Estes son feitos e non proclamas de boas intencións.
O BNG sempre considerou que a xente que traballa nun goberno municipal debe recibir unha remuneración xusta. Non nos gustan as demagoxias dos que establecen límites e cando teñen que aplicalos non o fan. A nosa forma de actuar é coñecida, está contrastada polos feitos, ese é o noso aval e así o seguiremos a facer.