top of page

Número 3

Manuel Pérez Lorenzo - Lito

 

 

Naceu hai 27 anos e toda a súa vida transcorreu en Sada. Estudou no CEIP Sada e Contornos e no IES Isaac Díaz Pardo, para logo licenciarse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela e realizar o Mestrado en formación do profesorado.
A nivel laboral, exerce como profesor particular (traballador autónomo). Compaxina a súa actividade profesional coa investigación en materia de historia local, con especial atención á historia contemporánea de Sada. Participou en volumes colectivos como Vixiados. Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939), Ondas de irmandade. Centenario do asociacionismo mariñeiro en Sada ou Ramón Suárez Picallo. A voz esquecida do galeguismo, e, máis recentemente, coordinou a publicación de A idea na palabra. Textos e documentos recuperados de Manuel Lugrís Freire. 
Forma parte, desde a súa creación, da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e colabora habitualmente en medios locais como a revista Areal e o xornal Mariñán.
Hai 4 anos concorreu ás eleccións na lista do BNG de Sada e actualmente é concelleiro no Grupo Municipal do BNG, organización na que milita desde 2011.

“Facer política leva aparellado evitar a perda de identidade e poñer en valor o que temos de propio que nos fai singulares"

 

Manuel Pérez Lorenzo

“En Sada hai actividade cultural porque existe un tecido de asociacións e de persoas de moito valor, un tesouro que calquera goberno debería valorar a apreciar, pero que se atopan na máis aobsoluta indefensión con este goberno"

 

Manuel Pérez Lorenzo

O Blog do BNG de Sada  

  • Twitter App Icon
  • Facebook App Icon

© 2015 Bloque Nacionalista Galego de Sada

bottom of page