top of page

A Transparencia no ADN da candidatura do BNG no Concello de Sada.

 

O compromiso coa transparencia e o funcionamento democrático está no ADN da candidatura do BNG. Sempre fixemos públicas as declaracións de intereses dos/as membros do Grupo Municipal do BNG, reducimos gastos en salarios dos/as concelleiros con adicación sempre que tivemos responsabilidades de goberno e sempre tivemos unhas contas claras e transparentes. Queremos dar un paso mais e a través desta web crear un espazo adicado precisamente a dar conta das nosas propostas ao tempo que iremos colgando toda a información sobre a contabilidade da candidatura do BNG - Asemblea Aberta.

A cidadanía sadense ten dereito a coñecer as declaracións de intereses das e dos seus representantes a través da web municipal

 

O fixemos sempre que tivemos responsabilidades de goberno. Os concelleiros e concelleiras do BNG sempre fixeros públicas as suas declaracións de Bens e Intereses.

Neste mandato presentamos unha moción para que todas as declaracións de todos/as os/as membros da corporación se colgasen na web municipal estas declaracións. A moción foi aprobada, mais o alcalde do PP non a executou, dando mostras do respecto que ten ao funcionamento democrático e transparente da Corporación.

Consulta o Código Ético do BNG

 

O código ético do BNGSADA é coñecido polo xente. A responsabilidade e a transparencia no exercicio da representación pública forma parte do noso ADN político desde que no ano 1999 comezamos a ter representación institucional no Concello de Sada, e tamén antes coa xente que formou parte da Organización aínda que non obtivera representación.

O Blog do BNG de Sada  

  • Twitter App Icon
  • Facebook App Icon

© 2015 Bloque Nacionalista Galego de Sada

bottom of page