top of page
“A xuventude precisa ver movemento e xente no pobo, non queremos ser unha vila dormitorio ruionosa. As propostas que recibimos xa veñen masticadas e a xuventude de Sada é emprededora, non buscamos tutelas, temos moitisimo potencial"

 

Entrevista con Isa Reimundez

 

Isabel, ti que nunca militaches en ningún partido, ¿por qué decidiches formar parte do grupo do BNG?

 

Para min a loita continua que se ven facendo desde a época de Crisanto ata a de Abel pasando por tódolos membros e concelleiros do BNG é un claro exemplo de constancia e empeño. Sempre se deixaron de lado os intereses persoais e deron á cara sacando á luz tódalas cacicadas e trapos sucios da xente que “gobernaba” no Concello.
Cando Liss e Lito chamáronme para contarme o seu proxecto político, quixen desde un principio involucrarme. Desde un primeiro momento deixaron claro que o sentido común e a xestión razoal priman ante a militancia. Sentinme moi valorada como muller, como xuventude e como sadense. 
Gústame o ambiente político sano que se desprende no BNG e a forma de traballo, aberta a todo o mundo que quera aportar algo mediante as asembleas. 
O BNG é o partido máis votado en Sada, moitos veciños confiaron no seu proxecto, polo tanto son consciente de que non se lles pode defraudar. O BNG fixo ben o seu traballo no goberno e non deixou de dar caña na oposición, isto é o importante.
Síntome moi identificada e a gusto co equipo do que formo parte, somos todos achegados e penso que será doado traballar xuntos. 
Sada ten gañas de cambios, queremos vivir nun pobo do que nos poidamos sentir orgullosos e que se adapte á modernidade. 

 

¿Cal cres que é o principal problema da xuventude en Sada?

 

Eu persoalmente cando decidín voltar de Inglaterra para asentarme no pobo, atopei moitas trabas e falta de información. A xuventude de Sada xa nin se plantea buscar traballo na vila, e os que non deciden emigrar e buscan traballo na comarca, vense limitados co tema do transporte público.
Aínda que a coxuntura social na que vivimos e que padecemos, non a podemos cambiar só nós, sí que se pode axudar a facilitar as cousas. Creo que unha oficina de atención ao cidadán competente, unha páxina web actualizada que promova a interacción e a participación é básico para empezar a funcionar.
A xuventude precisa ver movemento e xente no pobo, non queremos ser unha vila dormitorio ruinosa. As propostas que recibimos xa veñen masticadas e a xuventude de Sada é emprendedora, non buscamos tutelas, temos moitísimo potencial: músicos, escritores, creativos, deportistas…que ademáis de estarse buscando a vida pola súa conta sen ningún tipo de apoio, non está recoñecida a súa obra nin se fai nada nin por buscarlles espazos e axudas. 
Os rapaces e rapazas máis novos tampouco teñen alternativas de ocio as fins de semana e non será porque non hai espazos públicos dispoñibles…

 

Como dixeches antes, estás vinculada ao mundo do deporte. ¿Cómo valoras o deporte en Sada? 

 

O deporte na nosa vila nunca estivo considerado. A miña xeración e xeracións anteriores non poidemos disfrutar de instalacións deportivas municipais. Ata o ano 2000 non abríu a piscina municipal que levábamos anos reclamando.
Eu puiden practicar ballet clásico grazas a Sociedade de Sada, porque o Concello nunca promoveu actividades deportivas para nenos ata hai ben pouco. E o que se fai agora é nun pavillón que por moito que pinte por fóra, non deixa de ter goteiras e uns lavabos e vestiarios vergoñentos. 
O deporte está en auxe na sociedade moderna, e iso tamén se aprecia en Sada. Cada día os nosos clubes deportivos son máis fortes e con máis membros. Isto é algo histórico e do que temos que estar ben orgullosos e temos que estar abertos e escoitar o que reclaman. Calquera evento e competición na nosa vila atrae a xente, enche os comercios e a hostelería e fai que sexamos recoñecidos.
Tamén me parece increíble que coas condicións naturais da nosa ría, non se exploten as actividades naúticas desde o Concello e a través dos colexios. 
Temos que achegar o deporte a todas as xeracións; a sensación de alegría e benestar que aporta fai que vexamos todo dunha maneira diferente.

O Blog do BNG de Sada  

  • Twitter App Icon
  • Facebook App Icon

© 2015 Bloque Nacionalista Galego de Sada

bottom of page