Código Ético da Candidatura do BNG - Asemblea Aberta de Sada
O código ético do BNGSADA é coñecido polo xente. A responsabilidade e a transparencia no exercicio da representación pública forma parte do noso ADN político desde que no ano 1999 comezamos a ter representación institucional no Concello de Sada, e tamén antes coa xente que formou parte da Organización aínda que non obtivera representación.
O BNGSADA guiouse sempre por un código non escrito pero que se cumplíu e esa é o mellor aval. Non se trata de escribir para non cumplir ou cumplir a medias, o código ético do BNGSADA está avalado por feitos e ninguén nos supera neste sentido.
Co aval da nosa práctica diaria presentamos 10 medidas referidas á ética política coa que nos identificamos, que sempre cumplimos e que nos comprometemos a seguir mantendo.