top of page

Número 6

Karina Castro Pampín

 

Son Karina. Nacín en Caracas hai 41 anos. Filla e neta de emigrantes llevo 26 anos en Sada.
Teño unha filla de 6 anos.
Estudei no IESP "Isaac Díaz Pardo" de Sada onde, ademais de darme unha boa formación académica, coñecía a grandes profesor@s que me transmitiron o seu amor pola terra, pola xente, pola política vista como unha forma de buscar a xustiza social, a paixón polo soño dun mundo mellor do pequeno ó grande, do municipal ó universal.
Ó rematar o instituto inicie os estudos de Psicoloxía na USC (que tiven que deixar por distinto motivos e que este ano retomei na Uned) que compaxinei con varios traballos de hostelería.
Despois de deixar os estudos traballei de camareira, dependienta, teleoperadora, servicio doméstico, xardiñeira, axudante de cociña, cociñeira...Tres veces fun autónoma, coa librería Cento Voando (un dos meus orgullos vitais) co Café bar Catro Gatos en Lubre e a día de hoxe co café Uni verso, que levo dende o 1 de Decembro de 2014.
O meu camiño de distintas experiencias en traballos e situacións vitais dame coñecementos sobre a vida, as necesidades e dificultades que nos atopamos en distintas situacións.
Entro a formar parte da candidatura aceptando o reto que temos diante, asumir a responsabilidade , o compromiso e un dos honores mais grandes, de servir e reactivar a vida do noso pobo. Crear estructuras de soporte dunha vida mellor para todos en cultura, saúde, deporte, servicios sociais, que tanto se necesitan nestes momentos, comercio, ocio, etc.
Hai moito que facer en Sada e queremos facelo.
Karina.

O Blog do BNG de Sada  

  • Twitter App Icon
  • Facebook App Icon

© 2015 Bloque Nacionalista Galego de Sada

bottom of page