SADABUS
Unha das iniciativas que se realizará con urxencia será reitirar do orzamento municipal o posto de traballo de Coordinadora, cun custe anual de 70.000 € e destinar parte dese diñeiro á posta en marcha do SADABÚS.
O convenio do transporte metropolitano asinado polo goberno local de Sada( con Alcaldía do BNG) e a Xunta, remata neste ano 2015. O Sadabús figuraba nese convenio pero o PP rexeitou poñelo en marcha por considerar que era un gasto excesivo, e sen embargo preferíu adicar bastante máis diñeiro a crear ese posto de traballo que tanto deu que falar en Sada .
Liss Becerra anuncia que poñerá en marcha o SADABÚS, QUEIRA OU NON QUEIRA O GOBERNO DA XUNTA. “Con convenio ou sin él, comprométome a conetar as parroquias co casco urbano, para favorecer o comercio local e para que, sobre todo a xente maior poida subir ao Centro de Saúde e ir aos cemiterios sin depender de ninguén que os leve”, indicou Liss Becerra, que manifestou que se sente moi orgulloso de contar “cunha excelente tripulación” para levar a Sada a bo porto.
