Número 7
Calros Silvar
Carlos naceu Ferrol no 1954. Son 60 anos de vida que lle deron para facer moitas cousas, en primeiro lugar formarse. É Licenciado en Belas Artes, debuxante e ilustrador, especializado en ilustración da natureza.
Moitos libros editados teñen ilustracións súas. Quizais o máis coñecido sexa a "Guía das árbores de Galicia".
Durante 29 anos foi deseñador de produto no Grupo Sargadelos, nas Cerámicas do Castro, e na actualidade é un pequeno empresario que capea o temporal económico con moito inxenio desde a súa tenda de consumibles informáticos "Acada" en pleno centro de Sada.
Pertence á Sociedade Galega de Historia Natural dende a súa fundación no ano 1973 e organiza xunto con outras comapañeiros e compañeiras abundantes actividades na natureza.
Carlos é un firme defensor das Brañas como espazo natural protexido e deomostrao constantemente presentando iniciativas desde o seu posto actual como concelleiro do BNG. Unha delas foi a petición á Xunta de declaración de Espazo Natural de Interese Local, que foi aprobada grazas ao seu empeño.

