O BNG fai balance dos últimos 4 anos de traballo. Resumo de plenos extraordinarios convocados por solicitude do BNG
PLENOS EXTRAORDINARIOS CELEBRADOS A PETICIÓN DO BNG.
O BNG tivo unha representación en número de concelleiros superior ao 25% o que lle daba dereito a solicitar un máximo de tres plenos ao ano para tratar asuntos de interese. Estes foron os plenos celebrados por decisión do BNG e sinálanse os asuntos tratados:
AGOSTO de 2011
1. Instando ao goberno da Xunta á revisión da Orde do 28 de xullo da Consellería de Fancenda pola que se aproban os prezos medios de mercado de determinados inmobles rústicos e urbanos para os exercicios 2010 e 2011
2. Instando ao Alcalde a concluír o trámite de expropiación para obter os terreos necesarios para a ampliación do CEIP Sada e Contornos e que estes pasen a ser propiedade municipal
3. Demandando da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cumprimento cumprimento do convenio de adhesión de Sada ao Plan de Transporte Metropolitano da área da Coruña, no referente á posta en funcionamento do servizo de interese municipal denominado SADABUS.
4. Instando a que unha vez finalizado o contrato co Arquitecto contratado polo Alcalde, non se proceda a unha nova contratación administrativa
XANEIRO de 2012
Solicitando a revisión de oficio do acordo de subida do IBI.
SETEMBRO de 2012
Declarando incompatible a continuidade de Ramón Rodríguez Ares como Concelleiro logo de ser condenado a pena de inhabilitación para cargo público por 6 meses
XANEIRO de 2013
1. Declaración institucional do ano 2013 como "ano de Manuel Lugrís Freire" aprobado por unanimidade
2. Solicitude de inclusión das correspondentes partidas orzamentarias no orzamento da xunta 2013 para levar a cabo a construción do colexio Sada e Contornos, a posta en marcha do Centro de Día e a segunda fase da construción de sendas peonís en Carnoedo
3. Instar á modificación da lei hipotecaria e adopción de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos
MARZO de 2013
Para instar ao goberno da Xunta para que a través do Ente Público Portos de Galicia, garanta o libre acceso peonil ao dique de abrigo do porto deportivo de Sada (O peche do paseo pola “L”)
XUÑO de 2013
1. Para instar ao Alcalde a que puxera en marcha SADABUS.
2. Para que o Concello formulara alegacións ao Vial de conexión do Porto coa Vía Ártabra de ara a suprimir o túnel.
MARZO de 2014
Reprobación do Alcalde pola xestión levada a cabo na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal e creación dunha comisión informativa especial para tratar o asunto.
SETEMBRO de 2014
Para esixirlle á Consellería de Educación que con carácter inmediato dotara dos autobuses necesarios para o transporte escolar do alumnado do CEIP “Sada e Contornos” nos días lectivos, mentres persista o traslado forzoso da actividade educativa ao Albergue “As Mariñas” por mor das obras no recinto escolar dese Centro.