top of page

O BNG fai balance dos últimos 4 anos de traballo. Resumo de preguntas e outras iniciativas presentadas polo BNG

ROGOS E PREGUNTAS AO GOBERNO MUNICIPAL

Foron presentados máis de 300 rogos e preguntas sobre cuestión de actualidade, moitas delas presentadas a petición de sadenses interesados en coñecer algún aspecto e que nós transmitimos nos plenos.COMUNICADOS DE PRENSAAo longo destes catro anos de mandato o BNG xerou 536 comunicados opinando sobre a actualidade municipal, denunciando actuacións inconvenientes do Goberno Local ou facendo propostas.Practicamente un comunicado cada dous días hábiles ao longo de todo o mandato da idea do intenso traballo realizado, a moita distancia de calquera outro grupo político de Sada.

 

PUBLICACIÓNS A TRAVÉS DO FORABOLAS

Ademais de todo iso, xeramos 8 edicións do noso FORABOLAS co que pretendemos manter informada a toda a poboación de Sada, con sucesivas tiradas que foron repartidas porta a porta pola militancia do BNG.
Este é o noso traballo que sometemos á vosa consideración e que supera ao de calquera outra forza política do noso concello con moita diferenza.

O Blog do BNG de Sada  

  • Twitter App Icon
  • Facebook App Icon

© 2015 Bloque Nacionalista Galego de Sada

bottom of page