O BNG fai balance dos últimos 4 anos de traballo. Resumo de mocións presentadas desde a oposición
MOCIÓNS REFERIDAS A SADA PRESENTADAS POLO BNG NESTES CATRO ANOS
27/10/2011
• Apoio á Comunidade Educativa do CEIP de Mondego por problemas co financiamento do comedor escolar.
• Apoio a políticas de prevención contra a violencia de xénero29/12/2011
• Demandar á Xunta a conexión da Vía Ártabra coa A-6 e coa AP-928/02/2012
• Solicitando a inclusión do Polígono INDUSTRIAL DE Soñeiro no Plan Sectorial de Ordenación de Areas empresariais26/04/2012
• Solicitando apoio da Corporación para as persoas afectadas pola estafa das Preferentes e urxindo á Xunta a que tomara medidas
28/06/2012
• Solicitando a mediación da Alcaldía no conflito entre a empresa e as traballadoras de Axuda no fogar
• Solicitando solución ao problema das caixas de aforro e do sistema financieiro galego.
• Revisión do pago do IBI por parte da Igrexa Católica
22/10/2012
• Adopción de medidas para a erradicación da planta invasora “carrizo da pampa”
28/02/2013
• Sobre a perda de poder adquisitivo dos empregados públicos e en contra da retirada da paga extra.
• Sobre a conservación do patrimonio arquitectónico de Sada.
• Proposta sobre o trazado de conexión do porto coa Vía Ártabra suprimindo o túnel.
25/04/2013
• Medidas a adoptar como consecuencia do peche do hotel e propoñiamos como mellor solución a compra.
• Pedindo a continuidade do complexo xuvenil As Mariñas
29/08/2013
• Sobre as reclamacións que a Axencia Tributaria facía aos emigrantes retornados que cobran pensión do estranxeiro.
• Sobre a situación na que se atopaban as veciñas e veciños da Avda. Rep. Arxentina 39,41,43 e 45.
• Sobre garantías na Planta de Nostián e a favor da reciclaxe
31/10/2013
• Sobre problemas de inseguridae no porto pesqueiro19/12/2013
• Nomeamento de Carmela Arias de Castro como filla adoptiva de Sada.
• Inseguridade no porto pesqueiro.
• Sobre a declaración de innecesariedade da contratación dun novo asesor xurídico para o Alcalde.30/01/2014
• Instando á Alcaldía a presentar a dimisión por ter fracasado o pacto de goberno de coalición que lle permitíu ser alcalde.
• Retirada de competencias da Alcaldía que pasaron a ser novamente do Pleno.
27/02/2014
• Reparación de diversos camiños municipais.
• Sobre a pobreza enerxética, garantindo o subministro eléctrico ás persoas sen recursos.
• Sobre a inseguridade no porto pesqueiro.
27/03/2014
• Publicación na web municipal do rexistro de bens e intereses das concelleiras e concelleiros da Corporación.
• Apoio á flota de cerco e artes menores de Sada.
24/04/2014
• Petición de retirada da Lei Orgánica do Poder Xudicial que anulaba o Xulgado de Betanzos.
• Prohibición de instalación de circos con animais.
• Creación da Mesa Local do Mar
29/05/2014
• Mellora da seguridade vial na Avda. da Mariña e Barrié de la Maza.
• Declaración das Brañas como Espazo Natural de Inerese Local.
• Sobre a supresión da peaxe Coruña Guísamo.
26/06/2014
• Solicitando á Xunta que corrixa o retraso no pago da RISGA.
• Sobre a rexeneración da praia de Sada31/07/2014
• Sobre permisos para música en vivo nos establecementos hostaleiros de Sada
27/11/2014
• Sobre o despedimento de traballadoras de axuda no fogar como consecuencia do cambio de empresa concesionaria.
• Sobre a necesidade de instalar xogos adaptados para nenos con discapacidade nos parques infantís de Sada, a petición dunha nai.