top of page

O BNG presenta o Programa de Goberno para Sada

O BNG de Sada é a primeira organización política en número de votos nos últimos 8 anos en Sada porque así o quixeron os sadenses e aspira a seguir sendo a lista máis votada no mandato 2015-2019

 O Candidato Liss Becerra destaca que “ Fomos a primeira Organización Política en presentar o Candidato, tamén fomos os primeiros en presentar a candidatura ao completo e agora somos os primeiros tamén en dar a coñecer o programa electoral”.

 

Un programa electoral que se caracetriza pola participación de máis de 400 sadenses, que ao longo destes meses foron consultadas,  aportaron as ideas e contribuiron a conformar o que Liss Becerra califica como “a vontade de facer unha Sada mellor”

Un dos proxectos máis salientables do Programa é o que denominamos SADAEMERXENTE, a través do cal se establece un plan estratéxico para desenvolver nos próximos anos:

 

1.- Aproveitar a necesidade de mellora na eficiencia e redución do gasto enerxético cambiando o conxunto do alumeado público para un maior aforro, para instalar ao mesmo tempo unha rede de información que permita obter datos  e, entre outras posibles aplicación,   optimizar o rendemento do transporte público.

 

2.- Valorización do monte coa construción nunha das parcelas municipais que resulten do desenvolvemento dos pparques empresariais previstos  no PXOM, dunha planta de fabricación de “astillas” na que se reciclen os restos de poda e da limpeza dos montes, para con esa biomasa alimentar as caldeiras que progresivemente sexa necesario substituir nos edificios municipais, e introducindo caldeiras de biomasa nas novas construcións.

Tamén o BNG se compromete a recuperar o SADABUS, un proxecto recollido no Plan de Transporte metropolitano que o goberno do Partido Popular decidíu non poñer en práctica.

Liss Becerra califica de “razoable e realizable” este programa que será resumido nunha revista da que se repartirán 5.000 exemplares porta a porta pola militancia do BNG-Sada en canto dea comezo a campaña electoral.

O Blog do BNG de Sada  

  • Twitter App Icon
  • Facebook App Icon

© 2015 Bloque Nacionalista Galego de Sada

bottom of page