Foi a propia Deputación a que solicitou a paralización da subhasta do hotel
O BNG tiña razón. SADA DEBERÁ ELEXIR AGORA ENTRE A MENTIRA DO PASADO E A ILUSION DO FUTURO.
A subhasta do Hotel suspendeuse porque A DEPUTACIÓN o solicitou e o Xuiz aplazou unha subhasta que fora tramada polo Alcalde de Sada, a Administración concursal e a propia Deputación para forzar á Opisición de Sada a decir que sí a un gasto de 750.000 € sen ningunha garantía.
Por qué o PP desde a Deputación para a subhasta e o PP desde Sada quixo desfalcar 750.000 € das arcas municipais no pleno do pasado luns?.
Estamos diante dun escándalo maiúsculo e doutro acto de corrupción do Partido Popular, utilizando as Institucións para beneficio persoal e partidista en plena campaña electoral. Desde o Concello e facendo uso da base de datos municipal das Asociacións, convocouse ás Asociacións de Sada a un acto político, partidario, do Presidente da Deputación e un funcionario, no salón de Plenos, ás 4 da tarde para “explicar la situación actual y jurídica del hotel”, a dous días do peche da campaña e a catro das elecións.
En Sada, o Grupo Municipal do BNG foi capazs de desfacer a mentira antes de que fora tarde, logramos o consenso necesario para que a nosa proposta de deixar o asunto sobre a mesa no pleno do pasado luns, fora unha realidade, e iso puxo moi nervioso ao Partido Popular e ao Alcalde que , sin consultar con ninguén, decidíu propor a compra do hotel por 750.000 € a cambio…. de nada!!!. 750.000 € dos veciños de Sada aos que se lles pide austeridade e sacrificio. 750.000 € non para que e instale a Universidade, senón para un hotel que xa vai ser propiedade do Concello. E según o alcalde “había que facelo todo moi rápido porque íase celebrar unha subhasta e podiamos perder o Hotel”.
A mentira do Señor Anido quedou o descuberto: Nin había presa, nin había compromiso da Universidade, nin había razón para semellante saqueo das arcas municipais.
O BNG repartirá 1500 cartas asinadas polo Candidato á Alcaldía Liss Becerra e polo ex Alcalde Abel López Soto, explicando toda esta trama e facendo un chamamento á xente para que castiguen a quen pretendeu enganar e gastar 750.000 € alegremente das arcas municipais, sin ningunha garantía de retorno.