Compra do hotel sen garantías e a unha semana das eleccións = CORRUPCIÓN DO PP. Non o permitiremos!!
O BNG bloquea a utilización partidista do Concello por parte do PP en relación coa compra do hotel.
Estivemos agardando a que o Partido Popular emitira o seu comunicado para poder informar que O PLENO DEIXARÁ SOBRE A MESA A COMPRA DO HOTEL porque entendemos que é unha decisión que debe adoptar a próxima Corporación.
Hoxe o BNG presentou un voto particular á proposta do goberno e SUMÁRONSE OS RESTANTES GRUPOS DA OPOSICÓN, POLO POLO TANTO SERÁ A PROPOSTA DO BNG A QUE SE APROBE NON PLENO E NON A PROPOSTA A DO ALCALDE, que só contará con 4 votos do PP, dun total de 17
Con respecto á compra do dereito de superficie a todo correr ESTAMOS DIANTE DUNHA SITUACIÓN DESESPERADA DUN ALCALDE QUE SE VE PERDEDOR, E QUE QUERE DEIXAR ATADA A COMPRA ANTES DO DÍA 24. NUNHA ACTUACIÓN QUE MERCECERÍA UNHA INVESTIGACIÓN DA FISCALÍA ANTICORRUPCIÓN.
Ningún grupo municipal está en contra de que se instale aí a universidade Fernando Pesoa ou calquera outra actividade económica que beneficie a Sada. Calquera empresa ou particular perfectamente pode participar na subhasta, o quen no se pode é vincular o asentamento en Sada da Fernando Pessoa a que o Concello pague 750.000 € polo dereito de superficie do hotel. O Alcalde estao facendo e polo tanto está recoñecendo claramente un acto de PREVARICACIÓN ADMINISTRATIVA, unha barbaridade máis en plena campaña electoral que non ten máis beneficiarios que os seus amiguetes da Coruña.
Non hai ningún motivo para tanta présa. O Hotel revertirá no Concello de Sada en cuestión de meses e neste período só pode baixar de prezo. A mellor noticia para Sada sería que algún empresario participara na subhasta que está prevista para o vindeiro día 20. Iso significaría que Sada volvería a ter en funcionamento o Hotel. Se non é así, o Concello ten tempo máis ca suficiente para facerse co dereito de superficie, se así se acorda, en condicións aínda máis ventaxosas
O BNG pregunta públicamente ao Alcalde: SE A OPERAIÓN É TAN BENEFICIOSA, POR QUE NON O FAI COS SEUS CARTOS E NON CO DIÑEIRO DE TODOS? Isto debe explicalo públicamente porque É UN AUTÉNTICO ESCÁNDALO QUE O DESCALIFICA e o tanto Feijoo coma Negreira DEBERÍAN EXPLICAR QUE PASA EN SADA CO PARTIDO POPULAR, que neste mandato permitíu que o irmán do Alcalde asistira a reunións co equipo redactor do PXOM (Non ten ningun cargo de representación), que pretendeu contratar a amiguetes Coordinadores por 70.000 €/ano e agora pretende que alguén cobre comisións por xestionar a compra do Hotel. Iso ten un nome e chámase CORRUPCIÓN
